PLANTACIÓN DE ÁRBORES
HOXE TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS ACOMPAÑARON A BRIGADA DE BOMBEIROS FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA PARA AXUDARNOS A PLANTAR NOVAS ÁRBORES NO NOSO PATIO E IR CONSEGUINDO, CO TEMPO, MÁIS SOMBRAS ENTRE OUTRAS COUSAS.
O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA AXUDARON NA PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS, MENTRES QUE O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL PLANTARON CARBALLOS.
PERO TAMÉN AS CRIANZAS DE 4º DE PRIMARIA APORTARON A SÚA COLABORACIÓN, PERO NESTE CASO, PLANTANDO ROBLE AMERICANO EN TERREOS EXTERIORES AO CENTRO, DOS QUE PODERÁN GOZAR CALQUERA VECIÑ@ DO CONCELLO, CANDO SE ACERQUEN Á CONTORNA DA PISCINA MUNICIAPAL DE TEO.
FOI UNHA XORNADA CALUROSA PERO BEN PEDAGÓXICA E LÚDICA, ONDE AS CRIANZAS COLABORARON EN FACER UN BENECIFIO PARA O MEDIO AMBIENTE EN XERAL, E O SEU PATIO EN PARTICULAR.
AGRADECER Á BRIGADA POLO SEU TEMPO E POLA SÚA DEDICACIÓN, E TAMÉN POR REFRESCARNOS NUNHA MAÑÁ DE MOITA CALOR
PROMETEMOS COIDAR DAS ÁRBORES PARA QUE MEDREN MOITO!!
(Preme na foto para visualizar ao alumnado de 4 noutras moitas)
(Preme na foto para ver ao alumnado de primaria facendo a plantación)
(Preme na foto para ver máis do alumnado de infantil plantando)