PATIOS VIVOS: Intervención no patio Escolar
Estamos iniciando este Proxecto de Transformación do Noso Patio. Co fin de aproveitar o potencial do extraordinario espazo que temos, dándolle resposta á necesidade de xogo, á educación ó aire libre e como espazo de oportunidade para contribuír no proceso de “naturalización” do noso entorno. Este proxecto de “Patios Vivos” entrelázase como é evidente ao de “Escola verde” e outros de diferentes eidos educativos; Innovación na Dinamización da Lingua Galega, “Ramallosa Musical” (coa creación de espazos sonoros e sensoriais), ... Nel interveñen polo tanto os diferentes equipos educativos do centro, así como persoal non docente, familias etc.
Tralo estudo e presentación de diferentes criterios que queremos ter en conta. Así como a procura de colaboradores no Proxecto; profesionais na materia, familias, Concello, ... Puxémonos en marcha, buscando espazos naturalizados, co-educativos e comunitarios.
Os procesos participativos para a co-creación botaron a andar e consisten nun traballo interno de análise da situación actual do patio e coas primeiras propostas de como nos gustaría a todos que fose. Sesións de traballo para compartir o diagnóstico entre todos os axentes da comunidade educativa (nenos e nenas, familias colaboradoras, profesorado, “monitorización” e entidades vinculadas ao centro), para definir los principais retos que ten o centro. O resultado irá definindo os elementos clave para a transformación física do patio e os elementos para facer un proxecto educativo do patio e transformalo a partir das experiencias e a xestión do día a día. Incorporando ademais cada ano, novas transformacións que se irán sumando ás que xa se están a facer.