Skip to Content

EN CADA SESIÓN UNHA CANCIÓN

 

 

EN CADA SESIÓN UNHA CANCIÓN

 

 

  No presente curso 2021-2022, o xeito de empezar as clases de relixión, despois de saudarnos como merece, é escoitando unha canción proposta por

min en forma de “agasallo” ao alumnado.

 

POR QUE?

 

Porque entendo que por medio da música é un xeito en que o alumnado pode chegar a coñecerme un pouco máis.

 

Porque a música é evocadora e transmisora de emocións que poden axudarnos a traballar mellor.

 

Porque é unha maneira de traballar a sensibilidade de apreciar o descoñecido.

 

 

QUE TIPO DE MÚSICA ESCOITAMOS?

 

Temas propostos por min, que normalmente non se escoitan en canles habituais ao que o alumnado acostuma a acudir.

 

Todo tipo de xéneros musicais: Tradicional, Jazz, Música clásica, Rock and roll, Soul, Pop....

 

Non escoitamos música en cuxas letras se denigre ás persoas por cuestións de xénero, condición social.... ou que transmitan contravalores.

 

 

 

COMO ESTÁ RESULTANDO A EXPERIENCIA?

 

Unha vez vencida a resistencia inicial do alumnado a escoitar música descoñecida por eles e ao estar consolidado este momento como parte da sesión,

a experiencia está cumprindo os obxectivos.

 

 

Premendo AQUÍ podedes ver a música escoitada neste primeiro trimestre. Para poder escoitala debedes premer no asterisco

que acompaña cada fotografía.



page | by Dr. Radut