Skip to Content

COMEZAMOS O 2º TRIMESTRE

E DESPOIS DO NADAL, VOLTA A TRABALLAR!

ESGRAFIADO. MAXIA NO DEBUXO.

Nesta ocasión o noso útil para debuxar foi un pauciño. Como vedes, a variedade de técnicas é enorme para saír do máis convencional. Consiste en facer incisións ou rascados nun soporte con varias capas interiores de pintura, descubrindo esas cores utilizadas. Comezouse a utilizar na arquitectura, pasando despois ao debuxo no que se poden utilizar moitos tipos de pintura, soportes ou útiles de trazado. 

Nós eliximos ceras manley sobre cartolina branca para expresarnos. Logo de pintar pequenos anaquiños de cores variadas, cubrimos toda a superficie de negro e a continuación comezamos a rascar co pauciño, quedando ao descuberto as cores da primeira capa sendo emocionante ver como aparecían case por arte de maxia. 

Aquí ou na imaxe tedes o proceso e os lindos resultados.

 

ABRIMOS A FIESTRA AO SURREALISMO.

Continuamos a nosa viaxe surrealista, nesta ocasión saíndo a pasear pola natureza e polas súas variadas paisaxes para despois gozar coas panorámicas desde a xanela. Iso foi posible grazas a un cadro do pintor surrealista René Magritte titulado Le clef des champs, realizado en 1936 que alberga o Museo Thyssen Bornemisza de Madrid.

Como é habitua, o primeiro que fixemos foi estudar e analizar esta obra en profundidade e outras do artista para posteriormente ver exemplos de paisaxes na arte, fundamentalmente nas pinturas. Descubrimos que son múltiples e variadas como campestres, mariñas, montañosas ou de ribeiras entre outras. Tamén experimentamos  con pequenos espellos que forman parte da pintura, para ver como reflicten.

Fixemos a nosa primeira paisaxe no noso caderno persoal como paso previo a debuxar unha segunda nas nosas particulares fiestras-caixas de zapatos. Eliximos temática e tipo de pintura e rematamos poñéndolle os anacos de cristal-espello tal e como aparece no cadro. Tocando nel ou aquí, podedes ver as fotografías da nosa visión particular.

 

 

DITADOS SURREALISTAS

Lembrades que no primeiro trimestre fixeramos os nosos binomios pitóricos surrealistas, xogando a mesturar dous obxectos nun xogando a inventar absurdos, inspirados no cadro de Flor-cuncha de Max Ernst. Pois retomando esa creativa idea, decidimos facer o mesmo pero en pequenos grupos, por mesas de traballo. O primeiro foi inventar o listado de binomios que queriamos representar. E a continuación, como no xogo das sillas musicais e ao ritmo de Queen, cada vez que se detiña a música, eu ditaballes un deles. Como vedes, cada unha das aulas utilizou un tipo de pintura, rotuladores, xices, ceras finas e ceras acuarelables,Pasámolo en grande! Aquí ou na fotografía tedes os resulatados.

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCULTURAS SURREALISTAS

Puxémonos mans á obra, amasando ben na pasta branca e decorando creativamente con todo tipo de materias de refugallo como paos, plumas, metais, cunchas, plásticos e moito máis. Estas son as nosas creacións escultóricas. Se as queredes ver, mirade aquí ou na imaxe. 

 

OBRADOIRO: Ramalloseiras e ramalloseiros pola conviencia.

O Departamento de Orientación vén de poñer en práctica este Obradoiro para o alumnado da escola, e por suposto tamén tiveron en conta ao noso ciclo. Dúas excelentes alumnas en práctica dese departamento, dinamizaron e levaron a cabo a iniciativa. 

Deixamos saír as nosas emocións como a ledia, tristeza, a rabia, o entusiasmo ou o enfado a través do que nos provocaba a música acertadamente elixida para esa fin. Debuxamos esa sensación de trsteza e ledicia, escoitamos a narración do conto Las rabietas de Simón e xetualizamos coa cara e co corpo esas emocións.

Grazas Jennifer e Estela por facernos sentir tan ben.

Podedes ver o proceso premendo aquí ou na foto.

 

 

 

 

 

 

 

 

TEMPERAMOS

Continuamos expesándonos libremente con distintos materiais, Xa nos tocaba coa témpera que a tiñamos un pouco abandonada. Mirade aquí ou nesta imaxe as nosas produccións.

 

OS NOSOS AGASALLOS DO NADAL.

 

As nenas e nenos quixeron compartir eses prezados agasallos de nadal que O Apalpador, Os Reis Magos ou Papá Noel tiveron a ben traerlles e que desde logo foron máis que merecidos, polo ben que se comportaron e o exemplo que están a dar nestes complicados intres. E non o podían facer doutro xeito que plásticamente a través do debuxo, elixindo con que colorear. Tamén compartimos con vós, premendo aquí ou na foto. 

 

AUTORRETRATOS

 Xa facía que non nos autorretratamos. Así somos nós e así nos vimos neste comezo do segundo trimestre. Desta volta, tan so utilizamos un rotulador negro, pero aínda así mirade canta expresividade. Podedes marcar aquí ou na foto para ver os resultados.

 



publicar | by Dr. Radut