Skip to Content

OUTRA VOLTA DE BAUHAUS

PISANDO FIRME. Arte, música e movemento. Sinfonía II.

Na Bauhaus, dábanlle moita importancia  ao movemento e a expresión corporal como maneira tamén de se expresarse creativamente. De feito, chegaron a crear un Ballet, como se se tratase dunha obra de arte en movemento.

Nós, máis humildemente collemos a súa proposta e comezamos a deixar as pegadas con plástico de burbullas nos pés, mentres bailabamos ao ritmo frenético da canción de Cindy Lauper: Girls just want to have fun. Non podedes imaxinar o ben que o pasamos e como nos divertimos. Premede aquí ou na foto para velo.

 

 

 

CONTINUAMOS COA PEQUENA BAUHAUS.

CONSTRUÍMOS.

En alemán Bau significa construír e Haus, casa, etimolóxicamente é "Casa de construción". Era unha comunión entre distintos medios de expresión como era a pintura, escultura e arquitectura, intentando aunar e unir esforzos entre a artesanía e a arte en busca da construción da Obra de Arte Total que se expresa na arquitectura.

Algo que nos gusta de sempre e deseñar e construír con distintos materiais. Mirade aquí  ou na imaxe, que marabillosas e inxeniosas construcións nos saíron.

 

 

A PROPIEDADES DOS MATERIAIS.

 

Unha das asignaturas impartidas na escola da Bauhaus dentro do ámbito do deseño, traballaba a importancia de explorar as posibilidades da materia e promovía a investigación dos materias.

Conscientes diso, nós tamén quixemos analizar, estudar e definir características de distintos obxectos e materiais presentes no obradoiro.

Así o fixemos con dous elementos por neno ou nena. Mirade aquí  ou na fotografía, parte dese traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ARTE, ARQUITECTURA E CONSTRUCIÓN

Como xa falamos, outra das disciplinas que traballaba a Bauhaus era a arquitectura con profesionais ben coñecidos e que aínda hoxe en día seguen a ser un referente como a arquitecta e deseñadora de interiores Lilly Reich ou Ludwing Miles Van der Rohe ou o mesmo fundador Walter Gropius a quen lle debemos o icónico edificio de escola en Desseu. 

Pois nós tamén nos puxemos mans á obra e realizamos todo tipo de construcións. Mirade os nosos orixinais resultados premento aquí ou na fotografía.

 

ARTE, MÚSICA E MOVEMENTO. SINFONÍA I.

Logo da paréntese da visita á Fundación Granell pero que tamén podemos relacionar co tema que nos ocupa posto que decoramos casas dun pobo de soños, retomamos as actividades da nosa pequena homenaxe á Bauhaus, cunha primeira actividade de Arte e movemento. Esta escola, ademais de deseño, pintura e arquictectura, confería moita importancia a calquera tipo de expresión. De feito o seu alumnado debía mover o corpo para se sentir libre, para ser concientes de seu. Nós inspirámonos nun dos grandes mestres que tivo, Vasili Kansdinski, para quen a música na meirande parte das obras, era parte do total da composición final. Mirade  aquí canto creamos, coa música de Win Merten.

 

 



publicar | by Dr. Radut