Responder ao comentario
Día do Libro 2010
No colexio tamén o celebramos; xa que a nosa mestra nos dixo uns días antes que tiñamos que traer un libro propio envolto en papel de regalo para agasallar a un compañeiro ou compañeira. Tamén nos dixo que o de regalar libros este día, era un costume catalán e a min pareceume moi chulo. Realmente é un préstamo pero fixemos como que o regalabamos e todos recibimos un de regalo. Cando o teñamos lido, teremos que devolvelo.
Pero o máis importante do día foi que veu a visitarnos un escritor, Ramón Caride. Contounos como escribira o libro " As aventuras de Xan Farrapeiro" grazas á súa filla Sara e leunos uns poemas.