Skip to Content

Responder ao comentario

Vaia pasada de festa!

O Túnel de Tempo

O venres pasado celebramos no cole o antroido, que cada ano resulta unha festa mellor que a anterior, tanto nos disfraces, a decoración do pavillon de deportes, como a participación de profes, nenos e nenas e incluso as familias!!.

Este ano o tema escollido foi a recreación das distintas épocas da historia, titulábase a exposición “O Túnel do tempo”. Cada curso escolleu unha época e despois de estudala, representouna nun espazo do pavillón xunto con información sobre ela. Así, paseando arredor do pavillón, podías viaxar no tempo polas distintas épocas... pero sen moverte dalí!

Podías comezar bailando nun salón dos anos vinte, co seu bar e as súas luces brillantes; ser testigo da chegada do barco viquingo ás torres de Catoira; vivir nunha comuna xipi coa súa tenda de campaña, campo de flores, instrumentos e furgoneta chea de cores; participar na conquista do oeste; visitara torre de Hércules e as murallas de Lugo da man dos romanos; contemplar os humanos do futuro; ou tomar un bebedizo máxico nunha palloza castrexa (con porco celta e todo). Unha viaxe alucinante!!

Ademais tamén houbo música e danzas: dende o charlestón, pasando por unha danza celta, ata unha polca do oeste americano; cada época, a súa música.

Como remate, filloas e orellas para todo o mundo. Unha festaza!!

Para todos aqueles e aquelas que non viron a exposición; se manterá no novo ximnasio durante un tempo, para poder visitala con calma; incluso nós, os participantes, que con tanta troula perdemos algúns detalles.

Responder



by Dr. Radut