Responder ao comentario
FLOREANDO
LUNS 8 DE XUÑO
OLA A TOD@S UNHA SEMANA MÁIS E UNHA MENOS PARA REMATAR O CURSO
ESTIVEMOS PENSANDO QUE VOS PODERÍA GUSTAR XOGAR CON FLORES
QUE VOS PARECE A IDEA?,
CANDO SAÍDES A PASEAR SEGURO QUE ATOPADES MOITAS, PODEDES APROVEITAR A RECOLLER ALGUNHAS E LEVALAS Á CASA, RECORDA COLLER AS DO CHAN E SE É NECESARIO QUÍTALLE ALGUNHA Á PLANTA PERO NADA MÁIS PORQUE NON SE LLE DEBEN ARRANCAR.
APROVEITA PARA OBSERVAR AS CORES, OS TAMAÑOS E FORMAS DOS PÉTALOS, E LOGO
INVÍTOTE A QUE FAGAS UN INVENTARIO. COMO?
- BUSCA UN FOLIO OU CARTOLINA, PEGA AS FLORES E
- APROVEITA PARA POÑERLLE O NOME (PODE SER ESCRITO OU COMPOSTO CON LETRAS MÓVILES OU RECORTADAS).
É IMPORTANTE DARLLE NOME ÁS COUSAS QUE NOS RODEAN, E NA PRIMAVERA, É UN BO MOMENTO PARA COÑECER AS PLANTAS E FLORES QUE VEMOS.
AH!, OBSERVA COMO SE VAN SECANDO CO PASO DOS DÍAS
EXEMPLO:
E COMO XA ESTAMOS NAS ÚLTIMAS SEMANAS DESTE CURSO, IMOS FACER UN XOGO DE ADIVIÑAR.
PARA ISO PRECISO QUE ME ENVIEDES AO CORREO (monicas@ramallosa.org)
UNHA FOTO D@ VOS@ FILL@ DE CANDO ERA BEBÉ.
ÁNIMO E A PARTICIPAR! ESPERO AS VOSAS FOTOS!!!
SEGURO QUE VOS FAI ILUSIÓN INTENTAR ADIVIÑAR QUEN SERÁ O COMPAÑEIR@ DA FOTO.
COMO XOGAREMOS?
- CADA DÍA COLGAREI UNHA FOTO
- VOS DEBEREDES DICIR QUEN PENSADES QUE PODE SER, ANOTANDO NO APARTADO "ENGADIR COMENTARIOS" (DEBAIXO DA ENTRADA DO BLOGUE)
- POÑEREDES O NOME D@ NOME QUE PARTICIPA E LOGO DE QUEN PENSADES QUE SE TRATA (EX: CARLA PENSA QUE O BEBÉ É MATEO)
CANDO XA PARTICIPEN TOD@S POÑEREI A SOLUCIÓN E COMPROBAREDES CANTOS ACERTÁCHEDES
NON DEBEREDES DICIR QUE SODES VOS CANDO VOS TOQUE A VOSA FOTO