INICIACIÓN AO PIRAGÜIMO
Preme encima para acceder ás imaxes
CAMPAMENTOS XUNTA 2023
Trasladamos información facilitada pola traballadora social do concello de Forcarei sobre os campamentos organizados pola Xunta para este verán 2023.
O prazo de solicitude é dende o 18 de abril ata o 2 de maio. En canto a idade mínima e máxima para poder participar na Campaña de Verán 2023 cómpre destacar:
- As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.
- As persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
Para calquera dúbida podedes contactar co Departamento de Servizos Sociais do concello.
Máis información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
8M. DÍA INTERNACIONALDA MULLER
Preme encima para acceder á Galería.
Hoxe, 8 de marzo, celebramos no centro o Día Internacional da Muller. Para iso, este curso quixemos crear unha composición grupal no Salón de Actos baixo o lema "As mulleres na historia de Forcarei". A idea é visibilizar as nosas mulleres e o papel que xogan e xogaron nas nosas vidas.
A veces, afastámonos buscando referentes importantes, cando estamos rodeados de grandes mulleres loitadoras, intelixentes e cheas de afouteza. Este curso non as queremos deixar de lado. Así que se vos fixades ben na nosa galería poderedes atopar nomes e apelidos e tamén o valor ou oficio/s que cada alumno ou alumna lle concede a esa persoa.
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024
Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.
OFERTA VACANTES 23-24
A oferta de prazas para o vindeiro curso escolar 2023/2024 é a que segue. Tede en conta que na táboa aparecen as permanencia (estamos contando o alumnado matriculado este ano no curso inferior), as Vacantes ofertadas e o total de prazas ofertadas.
OFERTA DE PRAZAS VACANTES- CURSO 23-24
CURSOS |
VACANTES OFERTADAS |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »