Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

RESERVA PRAZA NO IES CHANO PIÑEIRO


Ábrese o prazo para facer a RESERVA DE PRAZA (15 de xaneiro ata o 5de febreiro 2024) para os alumnos e alumnas que no vindeiro curso, 2023/2024, pasan a 1º ESO no centro aos que está adscrito o CEIP Nosa Señora das Dores: IES CHANO PIÑEIRO.

 Para cubrir o formulario de admisión poderase facer a través do anexo que se engade ou ben na aplicación admisionalumnado (http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) a través do menú Solicitudes-Reserva-Crear solicitude de reserva. Despois deberán entregalo no centro no que se atopa matriculado o seu fillo/a ou ben presentalo a través da Sede Electrónica.

BONO DEPORTE

Bono Deporte pode solicitarse dende o 8 de xaneiro  ata o 29 de febreiro, e estará dispoñible para todas as familias que teñan fillos e fillas de entre 6 e 16 anos que cumpran certos requisitos.

 

REQUISITOS PARA SOLICITAR O BONO DEPORTE

BO NADAL

Dende o CEIP Nosa Señora das Dores queremos felicitarvos estas festas e para iso empregamos unha panxoliña interpretada no festival do pasado xoves 21 no colexio.

Grazas a todos e a todas polo traballo realizado para a posta en marcha do festival, ao alumnado pola súa interpretación, aos músicos pola colaboración desinteresada e as familias por vir e compartir esta xornada tan emotiva connosco.

CINEMA DE NADAL

Onte estivemos nos Minicines Central de A Estrada desfrutando de "Mavka, la guardiana de los bosques" xunto cos nos@s compañeir@s do CEIP de Soutelo. Esta actividade enmarcada nos Contratos Programa, CPInclúe e CPInnova, permite crear momentos de convivencia de centro e intercentro e, ao mesmo tempo fomentar valores como o respecto e coidado pola natureza.

ACTIVIDADES DO MES DE NADAL

Preme AQUÍ para velo máis grande.

Esta última semana lectiva de decembro ven cargadiña de propostas. Agardamos que tanto @s máis pequen@s como @s maiores desfruten destas xornadas.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario