50º ANIVERSARIO
Este ano é especial para todos nós. O noso centro está a celebrar o seu 50 aniversario, medio século cheo de historias, aprendizaxes, sorrisos e, sobre todo, dunha comunidade que segue a medrar con cada xeración que pasa por estas aulas.
Cincuenta anos de ensinanza é o tempo que nos vén á mente para expresar este camiño compartido. Non só durante a etapa escolar, senón tamén despois, pois o colexio segue presente na vida de cada un de vós, nas lembranzas, nas amizades que perduran e no vínculo que, no fondo, nunca se rompe. Moitos de vós sodes pais ou nais que tamén estudastes aquí, e pronto teremos avós e avoas que un día foron alumnos/as e que agora ven aos seus netos e netas gozar da mesma experiencia. Este é o verdadeiro tesouro dun centro rural coma o noso: a conexión persoal e permanente que se crea entre familias, alumnado e profesorado.
LIBROS DE TEXTO 24-25
Durante o vindeiro curso escolar 2024-2025 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido).
É importante indicar que:
--No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles.
--Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria. Todo o alumnado destes cursos disporá dos libros de Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Lingua Estranxeira. Os listados das adxudicacións estarán a disposición das familias que os queiran consultar na secretaria do centro.
--O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto nin acceso ao fondo de libros. Si a axuda de material escolar.
PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR FONDO DE LIBROS E AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA EL CURSO ESCOLAR 24-25
ORDE do 7 de maio do 2024 pola que se regula a participación do fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).
1.-PERSOAS BENEFICIARIAS
FONDO SOLIDARIO, LIBROS DE TEXTO E AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 24-25
Enlace convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html
Procedemento a través da Sede Electrónica: ED330B https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
NOTA. Na presentación electrónica debe presentar unha solicitude por cada un dos seus fillos/as.
Presentación con asistencia da aplicación Fondo Libros e despois presentación no centro educativo:https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »