CALENDARIO DE NADAL
O equipo de biblioteca e o EDLG xunto coa colaboración das nosas familias elaboraron este singular Calendario de Nadal.
O funcionamento é sinxelo. Cada un dos días do mes de decembro irase presentando a lectura dun fábula. Polo tanto, o 31 de decembro, contaremos con 31 textos.
Non volo podedes perder!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado martes, 24 de outubro, celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares. Nós agardamos ata onte, venres, para inaugurar "A Maxia dos venres" e contar coa presenza de Ana Meilán.
As nenas e os nenos de infantil e primeiro coñeceron ao lobo Rigoberto, un lobo curioso cun pequeno problemiña de gases.
Os compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro e cuarto mergulláronse nun universo moi especial: o das historias.
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO
Esta primeira semana do mes de outubro participamos, un ano máis, na Campaña Solidaria de recollida de roupa e zapatos usados organizada pola empresa Mariola Solidaria.
A actividade desta empresa é a xestión da materia recolectada de modo que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido, esta empresa dedicará parte dos beneficios obtidos durante o proceso, a xestión e a financiación dunha parte de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria na India (www.globalhumanitaria.org).
#CPInnova- #EDUsostibilidade
REUNIÓNS INICIAIS
Durante esta semana realizaremos as reunións iniciais para todos os cursos de infantil e primaria. Estade atentos e atentas aos horarios e non vos esquezades.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »