FESTIVAL DE NADAL 2012
O día 20 de decembro pola tarde, coma todos os anos, como remate das actividades lectivas do primeiro trimestre, celebramos o Festival de Nadal.
Este ano levou o título de PANXOLIÑAS DO MUNDO.
Os familiares e amigos dos nenos do Centro, ateigaron o salón de actos e case romperon as mans aplaudindo as lucidas actuacións dos distintos grupos.
O programa do festival foi o seguinte:
Escenas de Nadal (1º de E. Primaria)
Hello Reinder. EEUU (2º E. Primaria)
Anu Kuni. Indio. (E. Infantil de 3 e 4 anos)
Bos días. China. (E. Infantil de 5 anos)
Panxoliña. Polo Norte. (3º de E. Primaria)
Sopas le hicieron al Niño. Andalucía. (4º de E. Primaria)
Nos ha nacido un Niñito. Perú. (6º de E. Primaria)
Caminito de flores. México. (5º de E. Primaria)
Malaika Akawanbira. Congo. (2º E. Primaria)
Wher's Santa? Inglaterra. (4º E. Primaria)
Panxoliña hawaiana. (1º E. Primaria)
Historia de Nadal. Teatro. (6º E. Primaria)
Nadal en Forcarei. (E. Primaria)