Dinamización da Lingua Galega
BREAKOUT NA ESCOLA
Achégase unha das festas máis máxicas do ano: o Samaín! Para conmemorar esta tradición especial, dende EDLG e o departamento de inglés, en colaboración co resto de mestres e mestras, están organizando un emocionante Breakout na escola. Non vos podedes perder os vídeos de presentación que vos dará un avance da aventura que nos espera esta semana.
Versión para primaria
Versión para infantil
CALENDARIO DE NADAL
O equipo de biblioteca e o EDLG xunto coa colaboración das nosas familias elaboraron este singular Calendario de Nadal.
O funcionamento é sinxelo. Cada un dos días do mes de decembro irase presentando a lectura dun fábula. Polo tanto, o 31 de decembro, contaremos con 31 textos.
Non volo podedes perder!
II CONCURSO DE CARTEIS PARA A FESTA DE CACHAFEIRO- FREIXEIRA
Debuxo gañador (Pablo Porto Cortizo)
Dende a Comisión de festas de Cachafeiro-Freixeira fixeron un chamamento aos rapaces e rapazas do colexio para participiar no II Concurso de Carteis.
Tras revisar as distintas creacións do alumnado, do CEIP de Soutelo de Montes e o noso, decidiron conceder os seguintes premios:
- Debuxo gañador (publicarase na portada do libro da comisión) para Pablo Porto Cortizo de Infantil do CEIP Nosa Señora das Dores.
- 2º posto para Noa Tato Gulías de 5º de EP do CEIP Nosa Señora das Dores.
2º posto: Noa Tato Gulías
- 3º posto para Martina Couceiro Constela do CEIP de Soutelo de Montes.
Recordade que o 1 de xullo poderedes ver todos os debuxos expostos na carballeira da Freixeira. Non volo perdades!
VISÍTANOS PABLO SEOANE
Preme encima para acceder á Galería
Esta semana tivemos unha visita moi especial: Pablo Seoane.
É un gran mestre de Música e Baile Tradicional Galega e Artesán de instrumentos tradicionais galegos- Na actualidade, é a persoa encargada do Obradoiro Seoane en Teo.
Achegouse ata o centro educativo coa intención de que os alumnos e as alumnas de Forcarei visen en vivo e en directo moitos dos instrumentos da música tradicional galega e das bandas populares. Escoitamos as súas explicacións e curiosidades, ouvimos ou seus sons e desfrutamos coñecendo algo máis da nosa cultura, da nosa Galiza.
Arxineando
Os que desexen ver as actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega aquí tedes o enlace: