CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024
O calendario escolar para o curso 2023-2024 seguirá o establecido na Orde 3 de maio do 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023-2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 11 de setembro de 2023 ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.
Os períodos vacacionais abranguerán:
- Nadal: desde o día 22 de decembro do 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.
- Entroido: días 12,13 e 14 de febreiro de 2024.
- Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2024, ambos inclusive.
A maiores, durante o vindeiro curso, 2023-2024 o centro contará con dous días de libre disposición:
- 10 de novembro. Festivo Local. San Martiño.
- 13 de outubro (autorizado pola Xefatura Territorial) *Escollido por todos os centros da zona.