ALERTA FENÓMENO METEOROLÓXICO
Estimadas familias,
Informámoslle que a Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel AMARELO no interior da provincia de Pontevedra. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006):
-- SUSPENSION do transporte escolar en horario de tarde do MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior de Pontevedra.
Por este motivo, indicarlle que dende o centro NON podemos GARANTIR o transporte de saída na tarde mañá martes 17 de xaneiro. Asemade, solicitamos estean pendentes, por se fose necesario contactar con vostedes.
Ante calquera dúbida contacte coa dirección.
Un saúdo,
Equipo Directivo