PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 24-25
Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado do 1 ao 20 de marzo. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.
DOCUMENTOS QUE DEBERÁN APORTAR:
- Anexo II + Anexo II bis (DOGA, nº 212, 8 de novembro de 2022).
- Folla de datos persoais do centro educativo.
- Copia do DNI do alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde apareza inscrito o/a neno/a.
- Copia dos DNI dos pais/titores legais.
- Fotocopia da Tarxeta de Prestación Sanitaria.
- Fotocopia da Cartilla de Vacinas.
- Tres fotos tamaño carné.
Se é o caso,
- o Documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
- o O convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de darse o caso.
A documentación pode entregarse no CEIP Nosa Señora das Dores.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-C.pdf | 1.38 MB |
Datos Persoais 24_25.pdf | 286.5 KB |