AXUDAS MATERIAL E FONDO DE LIBROS- LISTADO PROVISIONAL
Tras revisar e visar as solicitudes de Fondo de Libros para o vindeiro curso, e seguindo as indicacións da Orde do 29 de abril (DOG 18 de maio de 2022) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2022/2023, pasamos a publicar no taboleiro interior do centro a listaxe provisional das axudas para material escolar e libros.
De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, e tendo presente a Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.
As persoas que presentástedes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación: Fondolibros do Portal Educativo.
Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O mércores día 13 de xullo publicaremos a listaxe definitiva.
ACLARACIÓNS A TER EN CONTA:
- Esta axuda é só para o alumnado de Educación Primaria.
- O alumnado de 1º EP e 2º EP no caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto.
- O alumnado de 3º EP e 4º EP opta á convocatoria de Libros do fondo do folexio e ao cheque de material.
- O alumnado de 5º EP e 6º EP non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
- O reparto de cheques para axuda a material escolar e libros de texto e as existencias novas do Fondo Libros, repartiranse os primeiros días do mes de setembro.
Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao centro educativo de 10.30 a 13.00.