CHARLA PREVENCIÓN DOR DE COSTAS
Guillermo Bilbao Ogando, fisioterapeuta da Unidade de Atención Primaria de Tenorio, contactou connosco, como coordinador do programa de prevención de dor de costas no alumnado de primaria que está realizando dende a área de Pontevedra- Salnés, para impartirlle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. O obxectivo é intervir nos estudantes de primaria co fin de previr a aparición de lumbalxias e dorsalxias ou reducir a discapacidade asociada a eles antes de que apareza, arredor máis ou menos da adolescencia.
#ceipnosasenoradasdores
#CPInnova:EDUsaúde