DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS
Preme encima da imaxe para acceder ás directrices
Ante esta nova situación epidemiolóxica e de inmunidade da poboación, o Consello de Ministros aprobou o 19 de abril, o Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e polo que o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio en espazos interiores, salvo algunhas excepcións.
Cómpre ter en conta que o uso da máscara mostrouse efectiva no control da transmisión da COVID-19, sendo a principal medida de prevención fronte á enfermidade. Esta cultura de protección non só individual senón tamén colectiva, debe continuar ante esta nova estratexia co fin de protexer ás persoas vulnerables. Polo tanto, e atendendo ás particularidades descritas, resulta recomendable, con carácter voluntario, o uso da máscara no interior dos centros educativos tanto por parte do alumnado coma dos/as traballadores/as do centro.