ACTIVIDADES PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES
Durante a mañá do luns 23 de marzo do 2020 subiremos o plan de traballo semanal.
Na aula virtual sempre poremos o material da semana actual en primeiro lugar. Se vos quedan tarefas pendentes de realizar, sempre poderedes acceder. Fíxadevos no nome da semana.
Para acceder prema AQUÍ.
- Todas as familias/ alumnado accederá a aula virtual do centro premendo encima desta imaxe. Debedes premer encima de Tarefas Escolares e despois no curso no que estades matriculados e acceder tal e como se vos indica na seguinte imaxe.
- Os materiais e actividades estarán dispoñibles de forma paulatina. Lembrade revisalo todos os luns, día no cal se actualizarán as tarefas semanais. Sempre poñeremos a semana actual en primeiro lugar.
- Os mestres de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica enviarán plans de intervención personalizados segundo o neno ou a nena.
- Lembrade que estas tarefas non se terán en conta de cara avaliación.