A FOODTRUCK DE " GALICIA SABE A MAR" CHEGA AO NOSO COLEXIO

Mañá, martes viviremos unha xornada moi especial coa visita da foodtruck da campaña “Galicia Sabe Amar” promovida pola Consellería do Mar. Durante a súa parada no noso centro, ofrecerán ao alumnado unha deliciosa selección de petiscos gratuítos elaborados con peixes e mariscos.

O obxectivo desta iniciativa é dobre:

  • Promover unha alimentación equilibrada, rica e variada, destacando os beneficios de incorporar produtos do mar á dieta.
  • Poñer en valor o traballo das persoas do sector pesqueiro, que fan posible a extracción, produción e transformación destes produtos tan importantes na nosa gastronomía e cultura.

Como centro educativo con comedor escolar, comprometido co fomento de hábitos saudables, consideramos fundamental participar e apoiar actividades como esta. A través delas, o noso alumnado aprende sobre nutrición, toma conciencia da riqueza dos mares galegos e valora o esforzo humano detrás destes produtos de gran calidade.

Esta visita será unha oportunidade única para aprender e saborear os mellores produtos do mar galego.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario