CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CIRCULAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(Curso 2021-2022)
NORMATIVA REGULADORA:
ORDE do 6 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021).
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de Educación Primaria; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.ç
- Quedan excluídos da participación do Fondo Solidario os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria por participar no proxecto educación dixital (E- DIXGAL).
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en toda a etapa de Educación Primaria.
PARTICIPACIÓN:
As familias que desexen beneficiarse de ditas axudas dispoñen de tres modos de presentar a súa solicitude:
•
Presentación no centro. Na entrada do centro terán a súa disposición estas instrucións impresas e os formularios a cubrir. Tamén o poderán descargar da páxina web do centro.
•
Cubrir a solicitude na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), e presentación no centro. Neste caso unha vez cubertos os datos na aplicación (imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados).
•
Solicitude na aplicación Fondolibros e presentación a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B.
ASPECTOS A TER EN CONTA:
Deberase realizar unha soa solicitude para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro (salvo que se faga por vía electrónica a través da aplicación fondolibros).
A recollida dos libros do Fondo deste curso farase polos titores/as de cada curso durante o mes de xuño. Será imprescindible devolver os libros procedentes do fondo no curso 2020-2021 para recibir os libros do fondo para o vindeiro curso.
A entrega dos libros/vales do fondo solidario do curso 2021-2022 realizarase en setembro.
No mes de xullo publicaranse os listados provisionais de admitidos e excluídos do alumnado beneficiario de Fondolibros, axudas de libros de texto e de material escolar. Nesa data comunicaráselle telefonicamente a aquelas familias que deban mercar libros de teto.
RESUMO DAS AXUDAS E DO FONDO:
Renda per cápita familiar |
|||
|
<6.000€
|
>6.000€ e <10.000€ |
< 6.000€
|
Cursos |
Libros de texto |
Material |
|
1º e 2ºEP |
210€
|
140€
|
50€
|
3º, 4º, 6º EP |
Fondo: 6 libros |
Fondo: 4 libros |
50€
|
RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR:
Renda per cápita da unidade familiar: renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2019 dividido entre o número de membros computables.
- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2019, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.
- As persoas que non residiran en España no ano 2019 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos da unidade familiar.
*Terán esta consideración os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado; os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados; os /as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada; os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar; a persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida; a persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.
21/05/2021
O Equipo Directivo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FondoSolidarioAxudasMaterial21_22.pdf | 509.82 KB |