II CONCURSO DE CARTEIS PARA A FESTA DE CACHAFEIRO- FREIXEIRA
Debuxo gañador (Pablo Porto Cortizo)
Dende a Comisión de festas de Cachafeiro-Freixeira fixeron un chamamento aos rapaces e rapazas do colexio para participiar no II Concurso de Carteis.
Tras revisar as distintas creacións do alumnado, do CEIP de Soutelo de Montes e o noso, decidiron conceder os seguintes premios:
- Debuxo gañador (publicarase na portada do libro da comisión) para Pablo Porto Cortizo de Infantil do CEIP Nosa Señora das Dores.
- 2º posto para Noa Tato Gulías de 5º de EP do CEIP Nosa Señora das Dores.
2º posto: Noa Tato Gulías
- 3º posto para Martina Couceiro Constela do CEIP de Soutelo de Montes.
Recordade que o 1 de xullo poderedes ver todos os debuxos expostos na carballeira da Freixeira. Non volo perdades!
4º CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE FORCAREI
Esta semana abriuse o prazo de inscrición para participar na cuarta edición do campamento municipal de Forcarei.
Está dirixido a nenos e nenas de entre tres e doce anos, é dicir, nados entre os anos 2011 e 2019. As actividades comezarán o 3 de xullo e prolongaranse ata o 8 de setembro, con grupos abertos tanto no centro social de Forcarei como no salón de actos de Soutelo de Montes. Celebraranse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Os interesados poden apuntarse ata o 23 de xuño.
Esta iniciativa busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións estivais dos escolares.
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023-2024
Enlace convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html
Procedemento a través da Sede Electrónica: ED330B
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
NOTA. Na presentación electrónica debe presentar unha solicitude por cada un dos seus fillos/as.
Presentación con asistencia da aplicación Fondo Libros e despois presentación no centro educativo: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Presenación no centro. Imprimir Anexo I e II para descargar: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294
BECAS E AXUDAS NEAE- 2023-2024
As familias interesadas en solicitar as Becas e Axudas de NEAE deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023 (ambos inclusive).
A partires dese momento, o Departamento de Orientación elaborará os informes oportunos e encargarase, xunto coa dirección, de enviar as Becas ao organismo responsable para a súa valoración.
Prema no seguinte enlace para acceder á convocatoria:
VISÍTANOS PABLO SEOANE
Preme encima para acceder á Galería
Esta semana tivemos unha visita moi especial: Pablo Seoane.
É un gran mestre de Música e Baile Tradicional Galega e Artesán de instrumentos tradicionais galegos- Na actualidade, é a persoa encargada do Obradoiro Seoane en Teo.
Achegouse ata o centro educativo coa intención de que os alumnos e as alumnas de Forcarei visen en vivo e en directo moitos dos instrumentos da música tradicional galega e das bandas populares. Escoitamos as súas explicacións e curiosidades, ouvimos ou seus sons e desfrutamos coñecendo algo máis da nosa cultura, da nosa Galiza.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »