Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

VISÍTANOS COGAMI

Preme encima para acceder as imaxes da xornada.

Esta semana recibimos unha visita moi especial, 26 persoas usuarias e 10 educadoras e educadores do Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade Intelectual de Silleda, pertencente a COGAMI. A intención desta visita foi por un lado, sensibilizar ofrecendo unha perspectiva da discapacidade desde a normalización e a inclusión cara as diferenzas e, por outro, coñecer un novo axente socializador dentro da nosa comunidade creando unha relación con elas e eles.

O NOSO CALENDARIO DE DITOS E REFRÁNS

Pincha encima da imaxe para acceder.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de biblioteca preséntannos o seu tradicional Calendario de Nadal. Este ano, empregan o patrimonio inmaterial en galego a través de ditos e refráns relacionados con esta época do ano para ilustrar a conta atrás ata o 25 de decembro.
 
Non volo podedes perder!

25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

 
Onte o noso alumnado, xunto coas compañeiras e compañeiros do CEIP de S

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30-09-2022), o martes 29 de novembro convocaranse eleccións para a renovación do CONSELLO ESCOLAR deste centro. 

VALE PARA MATERIAL ESCOLAR COMPLEMENTARIO

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional a partir do luns 17 no centro educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar  que xa recibiron 50€ obterán agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. 

En concreto os vales de material van dirixidos ao alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta e o de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% recibe esta axuda con independencia da renda.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario