Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

TAPÓNS SOLIDARIOS FOR DENT

A ANPA do CEIP Nosa Señora das Dores, "O Berce" pide a colaboración de toda a comunidade na recolecta de tapóns. En colaboración con  Art for Dent preténdese apoiar a investigación da enfermidade de Dent. Como facelo? Traendo tapóns de todas as formas, cores e castas. 

Agardamos a vosa colaboración. Non nos falledes!

CRITERIOS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN

Con data 27 de abril quedan publicados na páxina web do colexio os criterios de avaliación, promoción e titulación da etapa de educación primaria para este curso 2021-2022. Están aprobados polo Claustro de mestres e conta co visto e prace da Inspección Educativa. 

As persoas interesadas poderán ollalos nos arquivos engadidos ou ben na secretaría do centro educativo. 

O equipo directivo

 

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS

Preme encima da imaxe para acceder ás directrices

Ante esta nova situación epidemiolóxica e de inmunidade da poboación, o Consello de Ministros aprobou o 19 de abril, o Real Decreto 286/2022 polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación  crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e polo que o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio en espazos interiores, salvo algunhas excepcións. 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Publicamos o  LISTADO PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio. 

Informar de que todas as solicitudes que se recibiron no centro foron admitidas e as familias xa foron notificadas vía correo electrónico.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 22/23

Entregarase unha única solicitude que se poderá presentar de forma presencial no centro educativo ou de forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado do 1 ao 21 de marzo. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade. Só se poderá entregar unha única solicitude de admisión no centro que solicita en primeiro lugar, de entregarse varias solicitudes perderanse todos os dereitos de prioridade.

DOCUMENTOS QUE DEBERÁN APORTAR:

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario