CALENDARIO ESCOLAR 21-22
O calendario escolar para o curso 2021-2022 seguirá o establecido na Orde 19 de maio do 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 20021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.
Os períodos vacacionais abranguerán:
- Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
- Entroido: días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo do 2022.
- Semana Santa: desde o día 11 ata o 18 de abril de 2022, ambos inclusive.
A maiores, durante o vindeiro curso, 2021-2022 o centro contará con dous días de libre disposición:
- 11 de novembro. Festivo Local. San Martiño.
- 16 de Maio (autorizado pola Xefatura Territorial)
https://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CalendarioEscolar21_22.pdf | 439.78 KB |