Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

MATERIAL ESCOLAR 2021-2022

Este xoves puxemos a vosa disposición, de toda a comunidade educativa o listado de material escolar que se precisa o alumnado de educación primaria neste curso 2021-2022.

Na etapa de Educación Infantil serán as mestras titorás quenes lle informarán nas vindeiras semanas da xestión do material. 

Nesta entrada se pode descargar o documento co material correspondente a cada nivel educativo. 

 

CURSO 2021-2022

O curso 2021/2022 toma á saída. Os mestres e as mestras do centro contamos coas forzas renovadas e mochilas cargadas de ilusión e gañas de traballar para preparar un bo curso 2021/2022. Un ano enriquecedor emocionante, produtivo e alegre, para o cal será necesaria a colaboración de toda a comunidade e o apoio das familias.
A partires de hoxe iremos informándovos e indicándovos avances sobre a organización deste curso lectivo.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS 21-22

Tras revisar e visar as solicitudes de Fondo de Libros para o vindeiro curso, e seguindo as indicacións da Orde do 6 de maio (DOG 20 de maio de 2021) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2021/2022, pasamos a publicar no taboleiro interior do Centro as listaxes provisionais de admitidos (NON hai excluídos). As listaxes definitivas publicaranse o 20 de xullo. 

Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo. 

Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao centro educativo de 10.30 a 13.30. 

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Durante o vindeiro curso escolar 2021-2022 contaremos co seguinte listado de Libros de Texto (ficheiro engadido). É importante indicar que:

  • No 1º e 2º nivel da Educación Primaria, o alumnado deberá mercar os libros de texto ao ser estes funxibles.

 

  • Contamos con Fondo de Libros Solidario nos niveis de 3º e 4º de Educación Primaria. 

 

  • O alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria está inscrito no programa de Educación Dixital- " E- Dixgal" polo que non terá libro de texto. 

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

Seguindo as Instrucións enviadas pola Consellería, os usuarios de comedor poderán dispoñer deste servizo previa presentación do Anexo II. Modelo de autodeclaración e especificacións relativas á renda do 2020 no centro. 

Teña en conta que: 

- Dispón ata o venres 3 de setembro do 2021 para entregar o anexo no centro.

- Aquel alumnado que non entregue este anexo non poderá facer uso do servizo.

- Se quere facer un simulacro de taxas para o pago do comedor pode facelo premendo na imaxe.

Distribuir contido

Pais/Nais

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

Recomendacións lectoras Nadal 2023

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario