PAPA NOEL
E chegou o día! Despois de varios comunicados ao Centro, Papa Noel anunciou a súa chegada ao CEIP para o mércores, 19 de decembro.
Aos nenos e nenas fixéronse eternas as horas anteriores á chegada do ilustre personaxe de Nadal.
Pero por fin chegou, e con él trouxo un saco cheo de chuches para os nenos e nenas e para os maiores que nos atopabamos alí.
Foi un día de ilusión para os nenos e nenas, que ademais lle deron as súas cartas pedíndolle agasallos, e para os maiores, que lembraron momentos inesquecibles da sua nenez.