8M. DÍA INTERNACIONALDA MULLER
Preme encima para acceder á Galería.
Hoxe, 8 de marzo, celebramos no centro o Día Internacional da Muller. Para iso, este curso quixemos crear unha composición grupal no Salón de Actos baixo o lema "As mulleres na historia de Forcarei". A idea é visibilizar as nosas mulleres e o papel que xogan e xogaron nas nosas vidas.
A veces, afastámonos buscando referentes importantes, cando estamos rodeados de grandes mulleres loitadoras, intelixentes e cheas de afouteza. Este curso non as queremos deixar de lado. Así que se vos fixades ben na nosa galería poderedes atopar nomes e apelidos e tamén o valor ou oficio/s que cada alumno ou alumna lle concede a esa persoa.