Tratar de construír vínculos máis estreitos entre todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Nosa Señora das dores e, tamén, con outras Comunidades Educativas, creando un novo recurso.

A FOODTRUCK DE " GALICIA SABE A MAR" CHEGA AO NOSO COLEXIO

Mañá, martes viviremos unha xornada moi especial coa visita da foodtruck da campaña “Galicia Sabe Amar” promovida pola Consellería do Mar. Durante a súa parada no noso centro, ofrecerán ao alumnado unha deliciosa selección de petiscos gratuítos elaborados con peixes e mariscos.

O obxectivo desta iniciativa é dobre:

  • Promover unha alimentación equilibrada, rica e variada, destacando os beneficios de incorporar produtos do mar á dieta.
  • Poñer en valor o traballo das persoas do sector pesqueiro, que fan posible a extracción, produción e transformación destes produtos tan importantes na nosa gastronomía e cultura.

Como centro educativo con comedor escolar, comprometido co fomento de hábitos saudables, consideramos fundamental participar e apoiar actividades como esta. A través delas, o noso alumnado aprende sobre nutrición, toma conciencia da riqueza dos mares galegos e valora o esforzo humano detrás destes produtos de gran calidade.

Esta visita será unha oportunidade única para aprender e saborear os mellores produtos do mar galego.

n/d

BREAKOUT NA ESCOLA

Achégase unha das festas máis máxicas do ano: o Samaín! Para conmemorar esta tradición especial, dende EDLG e o departamento de inglés, en colaboración co resto de mestres e mestras, están organizando un emocionante Breakout na escola. Non vos podedes perder os vídeos de presentación que vos dará un avance da aventura que nos espera esta semana. 

Versión para primaria 

Versión para infantil

ABRINDO PORTAS

 

Esta semana a asociación Fademur (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais) achegouse ao colexio para desenvolver o obradoiro Abrindo portas, dirixido ao alumnado de terceiro e cuarto curso e centrándose na educación en valores e igualdade. Traballaron conceptos coma a tolerancia, a igualdade, o racismo e técnicas de resolución de conflitos do día a día. Ademais, realizaron unha lectura visual do conto Por cuatro esquinitas de nada de Jérôme Ruillier, que transmite a idea de que ser diferente non é un problema, senón que cómpre atopar solucións para integrar a todas as persoas. Finalmente, facilitáronselle letras e pictogramas para que, en grupos, o alumnado elaborase un collage partindo dunhas das palabras traballadas no taller.

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Biblioteca Escolar

Pincha encima para acceder ao seu contido

Pincha encima para acceder ao seu contido

Búscanos no...

Premios e proxectos

" O conto da Muiñeira" (curtametraxe)

2º Premio na Categoría Infantil e Primaria (Categoría A)

Proxecto Documental Integrado

Curso 2018-2019. PDI Colaborativo co CEIP de Soutelo de Montes

50º Aniversario

Menú do comedor

Preme encima da imaxe para acceder aos menús mensuais

Horario Biblioteca Escolar

Aula Virtual

Recorda o teu usuario e contrasinal.

Acceso Eva- Edixgal (5º-6º EP)

Prema encima da imaxe para acceder.

Abalar

Accede ás funcionalidades de AbalarMóbil

Pertencemos ao....

 

EspazoAbalar

Prema encima para acceder aos contidos Abalar.

Participación en anos anteriores

ARCO 21_22

CENTROS GRADUADOS 2019-2022

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Unión Europea- Fondo Social Europeo (FSE)

eTwinning: Learning Chess Together

etwinning

Inicio de sesión de usuario