A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita formativa e dinamizadora de Radio Voz.
- Agradecementos:
Agradecidos porque a nosa biblioteca, a través da súa radio, reciba un impulso máis para converterse nun verdadeiro centro de recursos de información e lectura, nun espazo de aprendizaxe inclusivo, creativo, de comunicación, educación en medios e información e lecturas, integrado no noso día a día e aberto a toda a comunidade educativa e ao mundo.
RadioForte, grazas ao apoio formativo e económico de Bibliotecas Escolares, día a día está medrando fiel aos seus piares orixinais; formación, dinamización, información e participación e converténdose nunha ferramenta de grande utilidade a nivel pedagóxico, grazas a colaboración de toda a comunidade educativa e a gran labor dinamizadora da profe Cristina
Grazas a todos ,
- Visita formativa Radio Voz
O día 9 de marzo Antía e Sonia de Radio Voz visitan a nosa biblioteca, onde o alumnado de 4º e 5º recibe unha breve charla formativa
e posteriormente, no locutorio de RadioForte, colaboran e asesoran a gravación dun programa de investigación sobre o tren en Monforte, realizado por alumnado de 4º, 5º e 6º.
Aquí podedes escoitar o resultado de un traballo de investigación previo e a súa posterior gravación
Grazas Antía e Sonia
.
Un pracer contar con vos