Skip to Content

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

   Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 

   O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

   Biblioforte, retoma unha actividade moi querida e valorada polo noso alumnado: a realización e exposición de experimentos durante o mes de novembro e os "Martes científicos". Ademais este curso incorporamos a elaboración dun Libro Viaxeiro de Experimentos onde o alumnado e as familias poderán participar escribindo unha das súas páxinas durante os mes de novembro e decembro.

   Tamén fomentamos  á lectura e investigación científica ampliando e actulizando o noso catálogo no eido científico.

   Animémonos a poñer o noso gran de area ao berro de "Terra á vista".

 

 

  

 



blog | by Dr. Radut