Un ano máis celebramos o Día da Muller. Nesta ocasión facendo visible o papel da muller no eido artesanal a través da Oleira Otília Arias e da ilustradora Estefanía Padullés.
Otília Arias, xunto con Tomás López, rexentan o obradoiro Figulus grazas o cal manteñen viva na actualidade a longa tradición oleira de Sober, unha artesanía característica da Ribeira Sacra lucense.
Otília e Tomás impartiron na biblioteca un obradoiro de olería para o alumnado de 4º e 5º. Durante o obradoiro o alumnado puido coñecer, entre outras cousas, a tradición oleira de Gundivós e as peculiaridades do Torno Baixo.
Ademais de traballar co barro e elaborar as súas propias pezas.
No descanso, Otília visitou a nosa radio para realizar unha entrevista.
Pola súa banda a ilustradora Estefanía Padullés, impartiu un obradoiro de ilustración ao alumnado de 2º e 3º. Obradoiro no que tamén puxo en valor o papel da muller na artesanía tradicional en xeral e na olería do noso entorno próximo, en particular.
Ademais, grazas á xenerosidade de Estefanía, podemos desfrutar durante un par de semanas da exposición do seu conto “Leopoldo, Pequeno Moustro”
e o alumnado de infantil escoitou a historia do pequeno mostrou Leopoldo na voz da súa autora e ilustradora.
Moitas Grazas!!!!