Skip to Content

OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN COA MEDIADORA COMUNICATIVA ANDREA

 

O día 14 de xuño conmemorase o Día Internacional da Lingua de Signos,

Aproveitando esta conmemoración, durante a semana do 14 ao 18 de xuño, a Mediadora Comunicativa Andrea, realiza obradoiros de sensibilización sobre a diversidade. 

Seguindo o seguinte esquema:

1º   Avaliación previa do que o alumnado entende por Discapacidade, Xordeira, Cegueira, TEA e Trastorno Específico da Linguaxe.


2º  Charla expositiva e reflexiva sobre a diversidade funcional, que é,  as diferentes discapacidades relacionadas co tema da comunicación e os diferentes profesionais que as atende: logopedas, pedagogos, profesionais de audición e linguaxe e os mediadores comunicativos (prrofesionais que traballan principalmente con xordeira e cegueira pero tamén con outras discapacidades como o autismo, o trastorno específico da linguaxe, etc.)

 


3º Realización de actividades de sensibilización experimentais centradas na Cegueira, Xordeira, Autismo e Trastorno Especifico da Linguaxe. Coas que se pretende simular as vivencias destas persoas e os seus interlocutores e acompañantes, sentilas e reflexionar sobre elas.

 

 

Rematamos lembrando:

-As diferentes formas de signar: a propia da lingua de signos que ten a súa propia estructura e a bimodal que é unha forma de signar coa estructura da lingua oral.

- As palabras da escritora xordocega Hellen Keller, "A cegueira separa as persoas das cousas, a xordeira separa ás persoas das persoas".

- A importancia de poñerse no lugar do outro, so así podemos avanzar.

- O Día Internacional da Xordocegueira

 

Grazas Andrea pola túa importante colaboración. 

Non só por estes obradoiros, senon tamén por esa colaboración diaría durante a túa estancia no centro.

Grazas!

 



blog | by Dr. Radut