Coa lectura podes viaxar
A mil e un lugar
Durante o mes de abril estivemos lendo e lembrando libros que nos permitiron vivir e sentir diferentes xeografías:
- Infantil
-Bo Camiño Valentiño, levou ao alumnado de infantil a viaxar polo Camiño de Santiago.
- 1º e 2º primaria
-Lecturas doutros países levaron a 1ºA a coñecer a Antártida e a 1ºB a viaxar polo deserto.
- E o alumnado de 2º somérxese nun mundo peculiar, poboado por humanos e seres antropomórficos, lendo Alicia en el país de las maravillas.
- 3º e 4º primaria
-O alumnado de 3º con Veinte mil leguas de viaje submarino sorprendese coas descricións de múltiples seres e paisaxes mariños, así como de inventos e utensilios.
-E coa lectura de La Vuelta al mundo en 80 días o alumnado de 4º, vivirá xunto aos seus personaxes, incribles aventuras que lles levan a coñecer terras e países sorprendentes.
- 5º e 6º primaria
-Pola súa banda o alumnado de 5º e 6º lembrará e ilustrará aquela lectura do seu haber lector que os levou por diferentes xeografías.
- 4º primaria
Ademais o alumnado de 4º, realiza un mural co percorrido realizado polos protagonistas do libro Los tres peregrinos, lectura realizada no segundo trimestre dentro do itinerario lector.
Neste vídeo podemos ver os dípticos coas ilustracións das portadas dos libros cuxas lecturas nos permitiron percorrer diferentes xeografías e no interior cada quen amosa e ilustra ditas xeografías tal como as ve no seu maxín.
(para ver o vídeo fai clic na imaxe)