FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/19
Saíu publicado no DOG do 21 de maio (Orde do 9 de maio) onde podedes atopar toda a información, o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019.
. A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 17/18. A falta de devolución é motivo de exclusión. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten. En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.
. A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.
. A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.
A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a base impoñible do aforro (recadro 405); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
.
O prazo de solicitudes (anexo I e II) vai do 22 de maio ao 22 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2016.
Como novidade este ano as familias poden tamén realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
• Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).
• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
.Publicación de listaxes provisionais de axudas concedidas: ata o 12 de xullo.
- Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días dende a súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas de axudas concedidas: ata o 20 de xullo.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Formulario de solicitude.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
- Certificado ou volante de convivencia, de ser o caso.
- Violencia de xénero: acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
AVALIACIÓN FINAL EDUCACIÓN PRIMARIA
Según a resolución do 11 de abril de 2018 as probas para o alumnado de final de primaria (6º) serán os días 29 e 30 de maio.
Esta avaliación terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica.
A avaliación final de educación primaria terá como finalidade comprobar o grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, con vistas á mellora da calidade e da equidade do sistema educatico.
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA
Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 23 e 24 de maio.
RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.
Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2017/18 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.
Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.
LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 18/19
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (TODAS ADMITIDAS)
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (NON ADMITIDA)
Clicade nos arquivos adxuntos
A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos (4º de Ed. Infantil), na que entregamos dito impreso de matrícula, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamamos personalmente a cada familia.
MAIO 2018
O venres, día 11 de maio, ás 13:00 hs., sacaremos o noso maio ao patio para cantarlle as coplas.
Invitámosvos a que veñades compartir esta actividade.
Por motivos de seguridade do alumnado, as familias que queirades asistir, teredes a entrada aberta de 12:50 a 13:00. Agradecemos que teñades en conta isto. O acto celebrarase no patio do colexio.
Como outros anos, pedimos a vosa participación para festexar ao maio.
. O martes 8, mércores 9 e o xoves 10 serán os días nos que xa podedes traer o fiúncho (moi importante porque é a base do maio) e o resto de materiais que normalmente usamos: algunha flor, pampillos (margaridas silvestres), ovos (baleiros e limpos e o máis enteiros posible), bugallos ou cocas (boliñas dos carballos), algún limón, algunha laranxa.
. Empezaremos a montalo o mércores.
. Podedes facerlle na casa ao alumnado colares, pulseiras ou coroas de flores para o propio día do maio.
. O alumnado debe traer gorra, pantalón azul ou vaqueiro e camiseta branca.
. A poder ser traer tamén dous paus duns 2O cm. como máximo de longo para acompañar as coplas (isto só o alumnado de Primaria).
Moitas grazas pola vosa colaboración
TEATRO
O NOSO CENTRO PARTICIPA O XOVES 3 DE MAIO NAS IX XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR NO AUDITORIO DO CONCELLO DE VIGO, COA REPRESENTACIÓN DA OBRA "MALASOMBRA". DITAS XORNADAS SERÁN O 3, 4, 8, 9 E 10 DE MAIO. SENDO O NOSO COLEXIO O PRIMEIRO EN ACTUAR ESTE ANO.
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO CURSO 2018/19
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) TODAS ADMITIDAS
4º EDUCACIÓN PRIMARIA. ADMISIÓN NON ADMITIDA
CLICAR NOS ADXUNTOS
AVISOS
ALUMNADO DE TRES ANOS PARA O CURSO 2018/19
- Antes do 25 de abril estarán publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina do centro as relacións de listaxes provisionais admitidas e denegadas. Contra ela pódese presentar reclamación no prazo de cinco días hábiles, ante o Consello Escolar.
- Antes do 15 de maio publicaranse as listaxes definitivas de admisión, tanto no taboleiro de anuncios do centro como na páxina web do mesmo.
- A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizar este trámite haberá que presentar o anexo III-1. Normalmente neses días celebramos unha reunión pola mañá coas familias de alumnado de 3 anos, na que entregamos dito impreso de matrícula, para a que previamente remitiremos convocatoria por correo ordinario ou chamamos personalmente a cada familia.
LEMBRAMOS QUE A VOLTA ÁS AULAS SERÁ O VINDEIRO MARTES 3 DE ABRIL, SEGÚN O CALENDARIO ESCOLAR VIXENTE PARA O ACTUAL CURSO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »