Curso 2011/12
5º e 6º visitan Sta María de Castrelos
O alumnado de Terceiro Ciclo de Primaria visitou o día 6 de novembro a igrexa de Santa María de Castrelos. Alí guiados polo párroco don Andrés, coñeceron de preto a historia e os tesouros desta xoia do románico tardío que temos na nosa parroquia. Pinchade aquí para ver as todas as fotos
Festival Fin de Curso
O venres tivo lugar o acto de despedida ao alumnado de 6º de E. Primaria e a entrega de orlas ao alumnado de 6º de E. Infantil. Foi un acto emotivo, onde non faltaron os bailes, a música e unha gran cantidade de bágoas.
6º
As familias do alumnado de 6º quixeron materializar coa planta coa que agasallaron ao "seu colexio". o seu agradecemento polo traballo docente que percibiron na educación dos seus fillos e as súas fillas ao longo dos últimos nove anos.
Podedes sentirvos parte para sempre da "Comunidade Educativa do Mestres Goldar".
Os nosos mellores desexos para a nova etapa. Sempre teredes a porta aberta.
Moitas Grazas.
Semana das Artes
No primeiro día da nosa contamos coa actuación de dúas bailarinas con moito ritmo, Claudia e Jimena
Deseguido, fíxose entrega das medallas e diplomas aos Escritores e Lectores Olímpicos, así como aos Axudantes de Biblioteca
sentímolo, flash non está dispoñible.
Martes
Onte disfrutamos do talento duns artistas estupendos.
Alex deunos un recital de guitarra
e @s seus compañeir@s bailaron e fixeron que o público cantara, dera palmas e bailara.
sentímolo, flash non está dispoñible.
Semana cultural
O martes, fíxose entrega ao alumnado de E. Infantil dun diploma e un agasallo pola súa participación nas actividades relacionadas co P.D. "Os xogos Olímpicos.
O xoves, o alumnado de 4º agasallounos cunha divertida obra de teatro. Noraboa a tódolos actores e actrices.