Actividades no noso horto
Baixamos ao horto
Aproveitando o bo tempo baixamos ao horto a traballar
Os de 5º plantamos: repolos, cebolas, porros, acelgas, leitugas ...
Os de 6º patacas e leitugas
O de 5 anos plantamos coliflores e sementamos feixóns
E os de 4 plantamos porros
OS NENOS E NENAS DE 1º PLANTAMOS EN MAIO
Os nenos e nenas de 1º estivemos o 16 de maio plantando berenxenas e dúas plantas de tomate inxertados.
Tamén vimos como ían medrando as espinacas que sementamos en abril.
Que boa colleita imos ter!
5 anos traballa no horto
Despois de tanta choiva, os nenos e nenas de 5 anos visitamos o horto. Xa era hora de poñernos a traballar.
Primeiro, recollimos as coles do ano pasado, para facer un caldiño tan rico como fixera, no conto, o coelliño branco.
Despois, plantamos coliflor e sembramos espinacas, para poñernos tan fortes como Popeye.
E agora a esperar!!!
E mentres esperamos, podedes ver o moito que traballamos.
O alumnado de 1º ciclo traballa no horto
Os de primeiro sementamos espinacas e os de segundo plantamos coles e sementamos xudías.
PLANTAMOS EN OUTUBRO
Os de 1º en outubro estivemos plantando nabicol no horto. Agardamos poder facer pronto un bo caldo ou cocido co que recollamos. Xa vos contaremos.