Curso 2010/11

CONTOS COLECTIVOS

Estas son as produccións literarias dos nosos alumnos e alumnas neste curso 2010/11.

 

Este conto foi realizado polo alumnado do 2º e 3º ciclo, se queredes velo completo premede sobre a imaxe.

 

Estoutro foi feito polo alumnado de E. Infantil e o do 1º ciclo. Se premes sobre a imaxe poderás velo.

 

"LETRAS GALEGAS 2011"

Entre as actividades organizadas no colexio para as "Letras Galegas" destacou, este curso, unha exposición de traballos plásticos realizados por todo o alumnado en torno á figura de Laxeiro. A súa obra foi fonte de inspiración para que nenos e nenas plasmasen sobre papel a súa visión das famosas obras que este artista levou a cabo ao longo da súa vida. Seguro que Laxeiro xa nunca será para eles e para elas un  descoñecido.

 

Clica na foto e verás o traballo do noso alumnado.


CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O venres 6 de maio, celebráronse os maios no Colexio, esta é unha mostra das actuacións dos distintos cursos nesta actividade.

 


TRABALLANDO XUNTOS

O luns, día 9, o alumnado de Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria participou nunha actividade sobre COOPERATIVISMO.
Resultou moi interesante, amena e proveitosa  para todos os nenos e nenas, quen puideron comprobar como a natureza nos ofrece múltlipes exemplos de cooperación que os humanos podemos e debemos imitar na vida cotiá: achegando cadaquén o seu esforzo, conseguiremos grandes obxectivos, cuxo beneficio recaerá en nós mesm@s."

LOIS PEREIRO Letras Galegas 2011

Información e materiais didácticos, por ciclos,  sobre a figura de Lois Pereiro.

Xornada animación ao béisbol

Coa colaboración do club Trasnos de béisbol iniciámonos nesta modalidade deportiva, grazas pola vosa colaboración.

 

"Fai clic" na foto para ver outras imaxes.

 

 

NORABOA!! MARIO

Mario, o alumno de 3º nivel foi un dos gañadores do deseño dos personaxes do videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón" co que poderedes xogar en breve para coñecer a historia e o patrimonio de Vigo.

 

O ALUMNADO DE 5 ANOS NO HORTO

Dise que "Horta posta en marzo, coa cesta sempre debaixo do brazo"; por iso, durante este mes a actividade no noso horto estase a intensificar.

Se clicas na imaxe, podes velos traballando arreo:

- Plantaron pementos de Padrón

- Tamén plantaron as escarolas que trouxo Rubén

- E, por último, sementaron leituga Trocadero.

Entroido 2011

Fai click sobre a imaxe e poderás ver fotos do Entroido

Distribuir contido