Ed. Física
PATINAXE
PATINAXE
Nesta ocasión o alumnado de Mestres Goldar participou nunha actividade de patinaxe en colaboración coa mestra Helena.
Aquí vos deixo unha mostra do ben que o pasaron.
Hockey Liña
Os alumnos de primaria tiveron a visita de Roi e Jose que lles presentaron a actividade de Hockey Liña e poideron disfrutar con esta divertida actividade por si algún día queren practicala máis en serio.
Aqui vos deixo algunhas fotos da actividade.
Intercentros Hip Hop
Noraboa ao alumnado de 5º de primaria pola súa actuación na actividade Intercentros Hip Hop organizada por Xogade.
Aquí tedes o vídeo non volo perdades, son uns cracks.
Campo a través
Emma e Valeria clasificáronse para o campionato provincial de campo a través de clubes e representaron ao noso colexio este domingo día 12 no parque de Castrelos.
Parabéns chicas!
Seguide probando novas actividades e disfrutando mentres facedes deporte!
CICLISMO
Esta vez tocoulle aos alumnos/as de 5º practicar unha actividade nova de mans de XOGADE. Disfrutamos dun día estupendo realizando a gymkana en bicicleta que nos preparou o mestre Axer.
A próxima gymkana será con patíns ...
Campionato provincial campo a través
Hoxe, día 1 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria participou no Campionato provincial de campo a través, organizado por XOGADE, no que competiron 1300 escolares da provincia.
Tivo lugar na Azucareira de Portas e os nosos tiveron unha xornada de deporte, convivencia e diversión. Unha vez rematada a competición poiderion repoñer forzas disfrutandi dunha chocolatada.
Podedes consultar a noticia no seguinte vínculo
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/02/01/1-300-escolares-compiten-final-82322557.html
Petanca
Hoxe os nenos/as de 3º de primaria tiveron a primeira das dúas sesión que XOGADE vai a impartir no centro.
Aprendimos unhas nocións básica de como lanzar a bola, como colocar as mans,...
Na vinderia sesión do día 6 de febreiro poderán xogar entre eles e poñer en práctica as cousas que aprenderon.
XOGABALONMAN
XOGABALONMAN
Nesta semana tivemos dúas das catro sesións que adicaremos durante o mes de novembro ao deporte do balonmán. O clube Seis do Nadal, a través do programa XOGADE, traballou co alumnado de 4º de primaria, actividades de iniciación a este deporte de pelota. Deixovos fotos desta primeira semana.
HIP HOP
Hip Hop
Todos os xoves do mes de novembro os alumnos e alumnas de 5º de primaria disfrutan dunhas sesións de hip hop organizadas polo programa Xogade e impartidas por Daniel Suárez da academia DA (Dance Academy).
Cada semana irei subindo fotos da actividade, estade atentos.
Aquí tedes o voso vídeo para que practiquedes na casa.