Ed. Musical

XOVES, 18 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día a tod@s!

Hoxe ímonos despedir coas últimas experiencias que fostes mandando.

E só me queda recoñecer e agradecervos moitísimo o voso enorme traballo.

Malia que foi un final de curso insólito e inesperado, fostes quen de demostrar que con optimismo e ilusión supéranse as dificultades, por grandes que sexan.

Quixera agradecer a todas as familias a vosa implicación sen límites e o interese amosado neste tempo. Un labor encomiable que vos fai moi grandes.

Agora espero que gocedes dun verán marabilloso e dunhas ben merecidas vacacións.


Moitísimas grazas, Chic@s... Feliz verán!!

MÉRCORES,17 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s.

Hoxe déixovos outra das propostas coas que dicides que o pasastes ben. Temén resultou divertida. Se vos atrevedes a facela outra vez...

Podedes xogar a facer variantes, xogar en parellas... xa sabedes, todo o que vos pase pola imaxinación é válido.

Pois contádeme algún outro xogo que vos gustou e o poremos mañá.

Rematamos o día cos experimentos de Sara e Anxo, de 2º

Moitísimas grazas por compartir con tod@s nós as vosas experiencias.

MARTES, 16 DE XUÑO. MÚSICA PARA E. INFANTIL

Bo día, nen@s!!

Pois hoxe tiña un comentario que me falaba da canción de Bartolito...

Buscando e buscando, atopeina. Lembrades este xogo? Podedes recordalo. A min tamén me resultou divertido.

Atrás nos quedaban os vosos bailes coas botellas.

Déixovos o de Erik de 5º de Infantil co seu irmán Iker e tamén a Martín Rozados.

Moitas grazas ás familias, unha vez máis.

LUNS, 15 DE XUÑO. MÚSICA E. INFANTIL

Bo día, peques!!

Iniciamos a última semana deste curso tan insólito; pero isto non nos impediu que gozáramos da música igualmente.

Quixera nestes días elaborar un recordatorio de propostas que fixemos para que as repasedes.

E a vós, pediríavos unha cousa: dicídeme, cales foron as propostas que vos resultaron máis atractivas?

Mandádeme un correo coas vosas suxerencias e as iremos vendo nesta semana de fin de curso.

De momento, quedamos con dúas das primeiras, lembrades?

Espero que gozarades moito coa semana da musica que vimos de rematar.

Aproveito para agradecervos a participación, tanto a vosa como a de todas as familias.

Foi moi divertido!

E vos deixo co resultado dos vosos experimentos cos vasos.

Grazas, Álex, Martín Rozados e familias.

VENRES, 5 DE XUÑO. MÚSICA PARA TOD@S

Bo día, chic@s. Rematamos esta semana con ritmo corporal. Parece algo complicado, pero veredes que rápido o colledes.

Lembrade que para a semana, temos a "SEMANA DA MÚSICA" 

Se vos animades a participar, mandádeme os vosos vídeos, que xa temos moitas propostas e están moi simpáticas.

 

Déixovos a proba das botellas que fixo Anxo de 2º de primaria.

Xenial, Anxo, fixéchelo perfecto.

Moitísimas grazas, Anxo e familia, pola implicación.

Distribuir contido