Ed. Musical
MÉRCORES 29 INFANTIL
Bo día, chic@s...como estades hoxe, tedes ganas de xogar un rato comigo?
28 MARTES INFANTIL
Bos días,como estamos hoxe?Agardo que moi ben e con ánimo.
Hoxe seguiremos practicando a actividade de onte,a ver como nos vai saíndo,xa me contaredes.
Deixovos tamén un vídeo con todas as cousiñas que me ides mandando.
LUNS 27 3º PRIMARIA
Bo día, nen@s...Vós sabedes que os pratos dunha orquestra son uns intrumentos da familia da percusión de metal, verdade? e que o piano é de corda percutida?...que un violonchelo é de corda fretada?... e unha trompa de vento metal.. e...unha frauta... de que será?
LUNS 27 INFANTIL
Bo día, peques...dispostos a darlle duro nesta última semana do mes de abril? Pois eu estou moi... mellor volo conto nuns vídeos...Hai un novo reto!!
AS VOSAS COUSIÑAS
VENRES 24 4º PRIMARIA
Bos días nen@s, hoxe ímoslle dar voltas aos instrumentos de percusión galegos.Empezade pola presentación e logo tedes dous xogos interactivos para comprobar o aprendido.
XOGO1 Ao aparecer a pantalla principal,premede na frecha da esquerda para escoitar a actividade.
XOGO 2 Consiste en atrapar as toupas que teñen instrumentos de percusión galegos.E clicade na zona de abaixo á dereita para por pantalla completa.
Calquera cousa ou práctica que me queirades mandar recórdovos o meu correo: antontreixadura@gmail.com
BOA FIN DE SEMANA
VENRES 24 1º PRIMARIA
Bo día, nen@s: onte, lendo o meu libro escollido... lembreime de algo que faciamos na clase... queredes lembralo comigo? pois veña...que empezamos.
BOA FIN DE SEMANA
PARA O RECORDO
Aínda que non poidamos estar xuntos para celebrar este día do libro,si o podemos recordar...
A MÚSICA E OS LIBROS 23 DE ABRIL
A relación entre a música e a literatura sempre foi moi estreita.
Hai moitas melodías que cantamos que son poemas gardados nos libros de escritores famosos ou clásicos, e hai moitas outras inspiradas en libros ao longo de toda a historia.
Música e literatura compleméntanse de xeito excepcional, dende a música da Idade Media, onde ían sempre da man, ou exemplos na música clásica; a Traviata de Verdi, baseada na novela “La dama de las Camelias de Alejandro Dumas ou Madame Butterfly de Puccini, baseada no conto de “Madame Butterfly de John Luther Lon.
En tempos recentes hai outros exemplos de músicas inspiradas en contos e libros famosos. George Orwell, Lewis Carrol, Edgar Allan Poe ou Shakespeare.
Cantamos moitas melodías sen ser conscientes de que con elas estamos a rendir homenaxe a escritores que foron capaces de crear historias incribles que nos transportan a outros mundos e que contribuíron ao desenvolvemento da música.
Aquí vos deixo uns cantos exemplos doutros moitos que existen.
A obra de Peter Pan de J. M. Barrie. Esa da que tantas veces se fala. O medo a facerse maior, os soños e a ilusión da infancia, inspirou ao grupo “El canto del loco” a facer o tema Peter Pan.
Un grupo de pop- rock español, “Radio Futura” puxo música a un poema de Edgar Allan Poe e crearon o tema “Annabel Lee”.
Lewis Carrol e o seu conto “Alicia en el país de las maravillas”inspirou a Enrique Bunburi, un dos músicos do grupo “Héroes del silencio”, a facer o tema “Alicia expulsada del país de las maravillas”.
Un conto do escritor Boris Vian, foi a inspiración que tiveron os músicos de “La Unión” para facer a canción Lobo- hombre en París.
E así, unha chea de melodías que podes buscar e te decatarás de que a música e os libros son “amigos íntimos”.
LIBROS E MÚSICA EN GALEGO
En Galicia pásanos exactamente o mesmo. Hai moitísimos grupos e cantantes que se inspiran en poemas de autores e autoras de libros.
Rosalía de Castro é unha das autoras máis cantada polos nosos músicos.
Seguro que lembrades ese poema dela que di:
Adiós Ríos, adiós fontes
Adiós regatos pequenos...
Un poeta, Luis Álvarez Pousa foi quen inspirou ao grupo “Fuxan os Ventos”, xa van uns cantos anos, unha canción que logo, na súa época foi moi famosa. Chámase “Sementeira”
Álvaro Cunqueiro é outro dos poetas da nosa cultura.E unha das súas poesías, titulada “No niño novo do vento” tamén foi cantada por varios músicos e grupos galegos.
Almudena Janeiro, escolleu unha morea de contos de moitos autores internacionais e fixo un libro- disco nos que lle puxo música...
Estes son uns poucos exemplos dos moitos que podedes atopar.
Ocórresevos algún máis? Seguro que si,pois a investigar e xa me contaredes.
MÉRCORES 22 2º PRIMARIA
Ola nen@s, bo día.
Como algunhas familias preguntades que onde podedes conseguir a música, pois tamén vola poño, para que vos resulte máis práctico. Espero que gocedes con este xogo. A min gustoume moito.
MÉRCORES 22 INFANTIL
Ola, peques...hoxe temos unha sorpresa moi grande, moi grande...queredes saber cal é? Pois...abride, abride...
MOITAS GRAZAS FAMILIA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »