Curso 2014/15
REUNIÓN FAMILIAS
O vindeiro 6 de outubro terá lugar o encontro das familias co profesorado para tratar diversos aspectos da vida do colexio. Agradecemos a vosa presenza.
LUGAR: 1ª parte da reunión : SALÓN DE ACTOS.
2ª parte da reunión : NA AULA , COA TITOR/A.
HORA: 16:00h E. INFANTIL // 17:30h E. PRIMARIA
Acto final curso 2014/15
O vindeiro VENRES 19 terá lugar no ximnasio do noso centro o acto final do curso 2014/15. Como todos os anos as familias estades convidadas a asistir.
A apertura das portas será ás 12:15h.Preme na imaxe para ver fotos
Saídas Fin de Curso
O alumnado do centro realizou dúas saídas . O alumnado de E. primaria visitou Padrón e Santiago de Compostela e os alumnos/as de E. Infantil foron ao Zoo de Vigo. Preme nas imáxes para ver as Fotos.
Libros de texto 2015 - 16
Está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto (ORDE do 22 de maio, DOG 1 de xuño de 2015) destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.
O alumnado de 3º e 5º non está incluído na orde anterior (non terá dereito ao cheque de libros), e estes cursos xestionaranse a través do fondo solidario de libros de texto dos centros (ORDE do 21 de maio, DOG 1 de xuño de 2015) que se porá en funcionamento con aqueles libros que terán que devolver as familias que solicitaron o cheque para o curso actual.
Polo tanto segundo instrucións da Consellería teñen a obriga de devolver os libros comprados co cheque (antes do 19 de xuño), as familias do alumnado de 4º e 6º (cursos que si terán dereito a cheque) e 3º e 5º, que se incorporarán ao fondo solidario. As familias de 1º e 2º non teñen esta obriga ao ser un material non reutilizable.
Axudas para adquisición de libros de texto http://www.edu.xunta.es/web/node/14932
Fondo solidario http://www.edu.xunta.es/web/node/14931.
Tamén poden ser consultadas no portal educativo http://www.edu.xunta.es.
-
O prazo de presentación de solicitudes do fondo solidario remata o 30 de xuño.
-
O prazo de presentación de solicitudes para as axudas para a adquisición de libros de texto remata o 1 de xullo.
-
Se algunha familia non devolve os libros adquiridos con cheque non terá dereito a axudas para o vindeiro curso.
-
Para o cálculo da renda per cápita hai que sumar os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración de 2013 de todos os membros da unidade familiar que presentasen declaración e dividir o total entre o número de membros da unidade computables.
-
É necesario o libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
-
Terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2013.
-
Contía das axudas: Familias monoparentais- Renda per cápita familiar ata 6000 euros (170 euros) e desde 6000,01 ata 9000 (90 euros)
Resto das familias- Renda per cápita familiar ata 5400 euros (170 euros) e desde 5400,01 ata 9000 (90 euros)
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS
UNIDADE DIDÁCTICA para EDUCACIÓN INFANTIL
UNIDADE DIDÁCTICA para PRIMEIRO CICLO
UNIDADE DIDÁCTICA para SEGUNDO CICLO
UNIDADE DIDÁCTICA para TERCEIRO CICLO
CARTELES para a EXPOSICIÓN
DÍPTICO
CUESTIONARIO sobre a EXPOSICIÓN
MARCAPÁXINAS
ACTIVIDADES LIM
BIOGRAFÍA
EDUCACIÓN INFANTIL
PRIMEIRO CICLO
SEGUNDO CICLO
TERCEIRO CICLO
VIDEO de XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
No REPOSITORIO DE CONTIDOS ABALAR tamén podedes atopar unha actividade sobre él.
Unidade didáctica composta por lim, video e xogo sobre a vida e obra de D. Xosé Filgueira Valverde homenaxeado co Día das Letras galegas 2015. Colaboran os alumnos e alumnas de 4º de EP do CEIP Plurilingüe A Magdalena das Pontes.
XOGOS 5º e 6º: Pasapalabra e Test do CEIP A PONTE
Para afondar no coñecemento da vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas 2015 de xeito lúdico.
Autoría: Aurora Gay Méndez
DIA DO LIBRO
Este ano no Día do Libro ,a lectura espallouse por todo o centro, convertindo o patio do recreo nun espazo de conto, de fantasía e de maxia.
Mentres a música soaba os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Cando a música cesou, o aire encheuse de historias fantásticas. Ao rematar a actividade, alumnado e profesorado regresamos ás nosas aulas cunha agradable sensación.
Para ver imaxes preme AQUI
VI Xornadas municipais de teatro escolar
O alumnado de 3º e 4º de primaria, algunhas nenas de 6º e un grupo de familias participaron hoxe no auditorio do concello de Vigo nas VI xornadas de teatro escolar.
A súa actuación animou e sorprendeu a todos os asistentes pola posta en escena e gran número de participantes.
TEMPO DE TROULA...!!
Chega o Entroido! Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces...!
Este ano apareceu Don Bombillón cos mandatos da semana.
Se os mandatos queres saber,
en D. Bombillón debes premer
Comprácenos invitar a tódalas familias a participar do
FESTIVAL DE ENTROIDO que terá lugar o dia
13 de febreiro.
As portas estarán abertas para poder acceder ao centro ás 12:00 h aproximadamente.