Libros de texto 2015 - 16

 Está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto (ORDE do 22 de maio, DOG 1 de xuño de 2015) destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

 

 O alumnado de 3º e 5º non está incluído na orde anterior (non terá dereito ao cheque de libros), e estes cursos xestionaranse a través do fondo solidario de libros de texto dos centros (ORDE do 21 de maio, DOG 1 de xuño de 2015) que se porá en funcionamento con aqueles libros que terán que devolver as familias que solicitaron o cheque para o curso actual.

 

 Polo tanto segundo instrucións da Consellería teñen a obriga de devolver os libros comprados co cheque (antes do 19 de xuño), as familias do alumnado de 4º e 6º (cursos que si terán dereito a cheque) e 3º e 5º, que se incorporarán ao fondo solidario. As familias de 1º e 2º non teñen esta obriga ao ser un material non reutilizable.

 

Axudas para adquisición de libros de texto http://www.edu.xunta.es/web/node/14932

 

Fondo solidario http://www.edu.xunta.es/web/node/14931.

 

Tamén poden ser consultadas no portal educativo http://www.edu.xunta.es.

 

 

  • O prazo de presentación de solicitudes do fondo solidario remata o 30 de xuño.

  • O prazo de presentación de solicitudes para as axudas para a adquisición de libros de texto remata o 1 de xullo.

  • Se algunha familia non devolve os libros adquiridos con cheque non terá dereito a axudas para o vindeiro curso.

  • Para o cálculo da renda per cápita hai que sumar os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración de 2013 de todos os membros da unidade familiar que presentasen declaración e dividir o total entre o número de membros da unidade computables.

  • É necesario o libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.

  • Terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2013.

  • Contía das axudas: Familias monoparentais- Renda per cápita familiar ata 6000 euros (170 euros) e desde 6000,01 ata 9000 (90 euros)

 

Resto das familias- Renda per cápita familiar ata 5400 euros (170 euros) e desde 5400,01 ata 9000 (90 euros)