Propostas profesorado

AS PALABRAS FERMOSAS

Vos acordades desta proposta? Pois aí tedes nun enlace o resultado obtido con todas as vosas aportacións.

Moitas grazas familias.

O equipo de Dinamización

NOVA NORMALIDADE Pasiño a pasiño

Estimada comunidade educativa do CEIP Mestres Goldar:

Seguimos na distancia pero pouco a pouco recobrando a normalidade. Temos algunha novidade.

A Fundación Liste Museo Etnográfico  abriu de novo dende o 2 de xuño e ten unha programación adaptada ás circunstancias nas que nos atopamos.Podedes entrar na súa páxina:

http://www.museoliste.org/index.php?pag=actividades ou ver a programación do terceiro trimestre que deixo nun PDF.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo envíounos unha nova actividade, volven a nova normalidade.

Toda a información atópase na seguinte ligazón:

https://snl.vigo.org/post/obradoiro-de-escrita-dramatica-(xuno-xullo-2020)

 Equipo de Dinamización

 

Semana das Letras Galegas.

Aquí vos deixamos unha proposta para esta semana das Letras Galegas. Cal é a palabra galega que máis vos gusta?

Ánimo e contamos coa vosa participación. 

O Equipo de Dinamización.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos unha infografía con información sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado este ano: Ricardo Carballo Calero.

Consta de dúas páxinas con recursos, enlaces, xogos en liña... e con información sobre os últimos escritores homenaxeados neste día.

             

 

Preme na imaxe e accederás aos recursos. 

O Equipo de Dinamización.

 

LIBRO DE RECEITAS

Estimadas familias:

debido a situación que estamos vivindo non puidemos rematar o libro de receitas que con tanto cariño fixestes no seu momento. Somos conscientes que as condicións deste PDF que os enviamos non son as mellores, pero decidimos compartilo igualmente, na espera de que pronto teñamos o exemplar nas nosas mans mellor editado.

Seguimos unidos na distancia!

ACHEGÁNSE OS MAIOS

Esta fin de semana celébranse os Maios en moitos lugares de Galicia. Este ano é diferente, pero non podemos esquecer as nosas tradicións.

De momento imos deixar unha ficha para que vaiades empezando a facervos idea. Estade atentos a unha  nova proposta.

Saúdos

SEGUIMOS INFORMANDO

A SecretaríaXeral de Política Lingüística (SXPL) pon a nosa disposición unha importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas,destacando os relacionados coa celebración do Día do Libro os tedes en:

O Portal da lingua galega

Tamén tedes máis información nesta páxina

Cultura de Galicia

 

TRASLADO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRA GALEGAS

Bo día:

Agardo que continuemos ben. Seguimos na casa !

A Real Academia Galega debido a pandemia da COVID-19 decidiu pospoñer o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero ao 31 e Outubro para saber máis podedes ir a

https://academia.gal/

Unidos na distancia!,

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

CONTINUAMOS NON SI?

O Equipo de Dinamización do colexio continúa con vós na distancia e hoxe vos deixa un enlace dunha ducia de webs para seguir aprendendo en galego durante estes días na casa.

Unha aperta dende a distancia.

https://praza.gal/ducias/webs-para-seguir-aprendendo-en-galego-durante-a-corentena

 

 

REAL ACADEMIA GALEGA

 

Bos días : seguimos na casa e como esto vai para largo intentarei mandarvos cousiñas dende esta páxina.

Hoxe vos aconsello que entredes na páxina da Real Academia Galega

e a man dereita buscar e clicar na Primavera das Letras e tedes material para descargar ou mellor actividades on-line sobre Ricardo Carballo Calero

Bo día e seguimos unidos na distancia dende casa.

Distribuir contido