1º Curso de Primaria
FESTIVAL FIN DE CURSO PRIMEIRO.
Bo día!
Achégovos o enlace para ver o noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO dos nenos e nenas de primeiro! Premede na imaxe e aí o tedes.
A idea inicial era velo en directo todos xuntos, pero por problemas técnicos de última hora non poderemos facelo así. Desta maneira, déixovos o enlace ao vídeo, e intentaremos, todos e todas, comezar a velo ao mesmo tempo (ás 11:00 horas), para intentar estar un pouco máis xuntos e xuntas na distancia.
Espero que o disfrutedes, como seguro que o fixestes nas vosas gravacións, e como tamén o fixen eu ao montalo.
Unha aperta e... Ante todos e todas ustedes... o FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE PRIMEIRO!!
Noraboa unha vez máis polo voso traballo.
Un saco cheo de apertas e de bicos.
María Xosé
XOVES 18 DE XUÑO
Bo e penúltimo día deste curso:
Como medraron os voso fillos! Que bonito foi traballar con eles e con todas as súas familias, nestes últimos meses de confinamento.
Fixemos un gran equipo!
Infinitas apertas.
A profe, MªJosé
MÉRCORES 17
Bo día familias, nenas e nenos:
Xa nun abrir e pechar de ollos rematamos o curso 2019/20. Déixovos a última tarefa.
Un saco cheo de bicos e apertas.
A vosa profe, MªJosé
MARTES 16 DE XUÑO
Bo día:
Déixovos a proposta do martes. Hoxe familias pasaredes polo cole a recoller as cousas dos vosos fillos e fillas....xa camiñando hacia outro curso. O tempo pasou voando e xa os peques que viñan de infantil xa non son tan peques, xa terán no andar superior outros nenos e nenas que serán máis peque ca eles.
A seguir medrando!
Apertas.
A profe, MªJosé
SEGUIMOS LUNS 15 DE XUÑO
Bo día familias e nenos e nenas:
Agora si que xa rematamos, estamos xa na conta atrás camiñando para rematar primeiro e empezar as tan merecidas vacacións.
Cada día faremos unha pequena tarefa, agardando que cheguemos ao venres e poder disfrutar do noso Festival fin de Curso que con tanta ilusión preparamos e tamén con moito esforzo, xa que estades familias e nen@s moi pero que moi agotados.
Moitas grazas por seguir aquí coma sempre conectados na distancia pero xuntos. Sen este equipo tan marabilloso sería imposible chegar á meta. Foi o esforzo de todos e de cada un de vós o que fixo que resistiramos e saíramos máis fortes e con gañas de seguir medrando cada día máis. Quérovos!
Un saco cheo de bicos.
A profe, MªJosé
10 DE XUÑO
Bo día:
Seguimos, aínda que sabemos que xa está rematando. Ben merecido o tedes familias e nenos e nenas.
Déixovos algún dos traballiños destes días. Seguide disfrutando!
A profe, MªJosé
SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO
Boa semana familias e nenas e nenos:
Agora sí que xa case non queda nada para as merecidas vacacións. Xa estamos chegando á meta, último esforzo.
Déixovos a organización desta semana. E tómadeo con calma, que xa sei que estades moi pero que moi cansos.
Apertas.
A profe, MªJosé
A DISFRUTAR DA FIN DE SEMANA!
Bo día familias e nenos e nenas:
Déixovos un PDF e tamén moitos desexos de que disfrutedes desta fin de semana.Xa estamos na conta atrás! As merecidas vacacións están aí. De momento seguimos unidos na distancia!
Un saco cheo de bicos!
A profe, MªJosé
SEGUIMOS!
Boa tarde familias:
Déixovos un PDF cos traballiños destes nenos e nenas tan marabillosos.
Apertas e seguimos en contacto.
MªJosé