1º Curso de Primaria

CONTINUAMOS CAMIÑANDO XUNTOS

Bo día nenos, nenas e familias:

Déixovos tres PDF con algún dos vosos traballiños e cousiñas.

Quédame rematar o do xoguete favorito e  empezando outro.

Agardo que esteades todos ben e disfrutando con moita responsabilidade destes novos cambios que imos tendo a medida que pasamos de fase.

A seguir coidándovos moito e xa sabedes que seguimos na casa facendo cousiñas.

Apertas e un saco cheo de bicos.

A profe,MªJosé

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Boa semana familias e nenos e nenas de 1º:

Estamos na semana das letras galegas, por iso fixen unha presentación diferente de tarefas:  Imos de Museo

A entrada vola envío en PDF e ten 2 páxinas . No reto semanal   tedes que premer e xa vos leva a páxina de Dinamización que é a proposta que escollín.

No folleto tedes actividades moi interesantes.

  • Son 2 actividades en liña Unha delas  seguindo diferente pistas atoparedes unha  mensaxe ao final.
  • Outro enlace é unha unidade didáctica do Seminario Galán  Os descargo eu xa dúas a de 1º de primaria  e a de 6º de Infantil que está moi ben. Facede as actividades que vexades que lle gustan máis aos vosos fillos e fillas Non hai que facelas todas,nin imprimir todo.
  • Hai un enlace ao Recanto de Mik, porque tamén vai propoñer  “cousiñas”
  • A lectura si que me gustaría que  a fixerades e ma enviarades.

Todo o que fagades enviarmo ao meu correo e logo xa reenvio eu a Dinamización e Biblioteca.

Lembrarvos de entrar nos PDF que é donde están os enlaces o que vedes na páxina é unha imaxe e non ten os enlaces.

Recordade familias que non é preciso facelo todo. Son opcións que tedes e o importante é que non vivades esta situación escolar cos vosos fillos e fillas como unha carga máis.Xa bastante tedes con todo o demais!

Moitísimas grazas familias polo gran esforzo que estades facendo. 

Apertas, MªJosé

AQUÍ TEMOS OS MAIOS!

Aquí vos deixo os preciosos maios que fixeron os nenos e nenas de 1º de primaria coas súas familias. Preme na imaxe:

 

 

Moitas grazas pola vosa implicación e seguimos xuntos.

Apertas, María José.

INICIAMOS SEMANA

Bo día familias:

Xa en maio e este mes está cheo de adaptacións a esta nova realidade que nos está tocando vivir a todos. Coma sempre moito ánimo, precaución e responsabilidade. 

Recordade que as tarefas que vos envío, tedes que adaptalas cada un de vós ás vosas circunstancias e calquera material que precisedes non tedes máis que pedilo.

Durante a semana xa irei mandando algún PDF cos traballiños de aula e o vídeo dos MAIOS, que quedaron moi bonitos e alegres.

Moitísimas grazas por todo o que levamos camiñado xuntos. 

MªJosé

BOA FIN DE SEMANA!

Bo día familias:

Imos comezar un novo mes Maio, cheo de sorpresas, días longos, festas, celebracións familiares, a luz parece diferente e a cor do que vemos polas ventás tamén. Así que a continuar. De momento toca disfrutar desta fin de semana tan especial !

Moitas apertas mamis,papis,avós, avoas....En fin familias ! Seguimos unidos na distancia!

MªJosé

PD.Tal como vos comentei engado un PDF

 

A SEGUIR REINVENTÁNDONOS!

Bo día familia, nenos e nenas:

Hoxe toca respirar forte, coller folgos e  seguir camiñando xuntos. A meta case, case a vemos, pero aínda queda un par de reviravoltas. Así que seguimos unidos na distancia.

Déxovos outro PDF e xa sabedes a seguir enviando cousas:

Miles de bicos,grandes, pequenos,redondos, cadrados, verdes, amarelos, doces....

A profe,MªJosé

SEGUIMOS!

 Boas tardes:

Déixovos un par de PDF cos traballos destes días.

Apertas, e a seguir con ánimo e moita ilusión.

MªJosé

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL CONTINUAMOS

Bo día nenos, nenas e familia:

Agardo que sigamos todos ben e con moita forza e ánimo para empezar unha nova semana.

Déixovos as propostas desta semana. Recordade que son propostas que non é preciso rematar todo e mesmo non tedes porque imprimir as fichas, podedes seleccionar e facer algunha das tarefas oral ou na libreta ou folios. Ao longo do día ou mañá déixareivos tamén algunha presentación en PDF dos vosos traballiños.

Disfrutade moito das vosas saídas.

Apertas, MªJosé

 

DÍA DO LIBRO CELEBRÁMOLO XUNTOS

Bo día nenos, nenas e familias.

Hoxe é o día Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor". e teño varias sorpresas para vós. Así que a prepararvos e recibir os agasallos que entre todos e todas xunto coa nosa gran ilusión e cariño fixemos.

Aquí déixovos só unha pequena mostra, logo polo correo xa vos envío todo e o vídeo.Lede tamén o adxunto.

Apertas e  disfrutade moito deste día!

MªJosé

 

 

MÉRCORES 22 SEGUIMOS

Bos días nenos e nenas :

Que tal estades? Xa sei que seguimos na casa e o estades facendo xenial!

Dentro duns días xa poderedes saír a dar unha voltiña. Pouco a pouco, pasiño a pasiño, chegaremos a atravesar a meta que tanto estamos desexando. Parecido o conto " La Liebre y la Tortuga"que vimos esta semana que sen correr chegou antes ca Lebre. Vós tedes que facer caso a papi e mami e seguir así.

Unha cosiña, sabedes que día é mañá? Estou desexando que chegue para compartir con vós ese agasallo que fixemos con tanto cariño entre todos e todas.

E xa estou con gañas de facer o outro. Non vos esquecer de mandarme o reto desta semana e o máis importante divertirvos moito.

Apertas xigantes

A profe, MªJosé

Distribuir contido