Curso 2012/13

O horto no curso 2012/13

CANTO TRABALLO!!!

Á volta do verán atopamos así o noso horto


 

 

 

 

Como "Polo San Martiño sementa o teu alliño"

O alumnado de 5º de Primaria púxemonos mans á obra e aquí estamos traballando.


 

 

Coñecemos que o allo é unha hortaliza de bulbo (talo subterráneo), tamén colaboramos na limpeza e mantenemento do noso horto.

 

 

 

4º no horto

Para facermos unhas ricas ensaladas son imprescindibles unhas boas leitugas e escarolas (hortalizas de folla).

Velaquí o plantío que fixemos.

 

Proxecto documental de centro no curso 2012/13

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística colaboraremos no desenvolvemento ao longo deste curso escolar 2013-2014 do Proxecto Documental para todo o Centro sobre a ALIMENTACIÓN.
 O Proxecto Documental crea no noso alumnado a motivación por aprender, e desenvolve as habilidades para buscar e xestionar a información e recursos, que lle permitan acadar os coñecementos. Por suposto, ofrece a posibilidade de compartir estas aprendizaxes, con todos os  compañeir@s do noso colexio Mestres Goldar. Noutras palabras desenvolver a capacidade de APRENDER A APRENDER, como competencia indispensable neste mundo cada vez mais cheo de información.

Para ver o proxecto clica aquí-

Benvidos e benvidas a 2º

 Xa estamos de novo no colexio.

Os nenos e nenas de 2º estamos moi content@s de iniciar un novo curso e de atoparnos cos compañeir@s e mestr@s do noso colexio.

Bo inicio de curso para tod@s!


Distribuir contido