FESTIVAL FIN DE CURSO PRIMEIRO.

Bo día!

Achégovos o enlace para ver o noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO dos nenos e nenas de primeiro! Premede na imaxe e aí o tedes.

 

A idea inicial era velo en directo todos xuntos, pero por problemas técnicos de última hora non poderemos facelo así. Desta maneira, déixovos o enlace ao vídeo, e intentaremos, todos e todas, comezar a velo ao mesmo tempo (ás 11:00 horas), para intentar estar un pouco máis xuntos e xuntas na distancia.

Espero que o disfrutedes, como seguro que o fixestes nas vosas gravacións, e como tamén o fixen eu ao montalo.

Unha aperta e... Ante todos e todas ustedes... o FESTIVAL DE FIN DE CURSO DE PRIMEIRO!!

Noraboa unha vez máis polo voso traballo.

Un saco cheo de apertas e de bicos.

María Xosé